ACCIÓN CULTURAL E ESPAZOS CIDADÁNS

O Matadoiro Compostela acolle mañá a pre-festa Maker Faire Galicia

23/09/2016 O Matadoiro Compostela segue acollendo interesantes actividades a diario, e a programación non cesa na fin de semana. Mañá, a antiga Casa da Xuventude será o escenario da pre-festa Maker Faire Galicia, a iniciativa do Recuncho Maker.

Dende as catro ás sete da tarde, as portas do Matadoiro Compostela estarán abertas para o público en xeral, que poderá participar en obradoiros e exhibicións, e gozar de actuacións musicais e mesmo pinchos. A entrada é de balde.

Tamén a iniciativa do Recuncho Maker, para o domingo está previsto un obradoiro sobre fabricación de impresoras 3-D, de 10:30 a 19:00 horas.

Mercadoiro
Ata o próximo 1 de outubro, continúa a actividade do Mercadoiro. O Matadoiro Compostela tórnase nun lugar de acopio de obxectos de segunda man, que se poden depositar nas instalacións todas as tardes, de 18:00 a 20:00 horas. O sábado 1 de outubro farase efectivo o troco, en horario de 12:00 a 18:30 horas.

Direcciones relacionadas



Compartir: