ACCIÓN CULTURAL

Ábrese a inscrición para a viaxe a Barcelona do programa "Imos de excursión"

21/09/2016 Mañá xoves, 22 de setembro, a partir das 17:00 horas, abrirase o prazo de inscrición para a próxima viaxe do programa municipal Imos de excursión 2016, que terá como destino a cidade de Barcelona. Esta viaxe, de cinco días de duración e pensión completa, realizarase do 8 ao 12 de outubro.

Esta excursión permitirá aos/ás participantes visitar os lugares máis emblemáticos da Cidade Condal. Así, entre os sitios a visitar, cuxa entrada está incluída no prezo, figuran a Sagrada Familia, o Mosteiro de Montserrat ou o Parque Güell.
O prezo desta viaxe é de 284 euros por persoa, no que vai incluído o transporte, a estanza en pensión completa en hotel de catro estrelas, as devanditas entradas e guía.

Imos de excursión
O programa Imos de excursión, promovido pola Rede de Centros Socioculturais, ofrece neste 2016 un total de 14 viaxes, das que 5 son excursións dun día e 9 viaxes de varias xornadas. O calendario presenta unha lista de atractivos destinos para todos os públicos, cos que gozar dun tempo de lecer compartido visitando o patrimonio histórico, cultural e natural galego, español e portugués.

As viaxes realízanse en sábados, domingos e pontes festivas. En canto ás viaxes de varias xornadas, ademais das xa feitas e desta a Barcelona, este ano programáronse visitas ao Alentello (do 29 de outubro ao 1 de novembro), ás Termas de Lobios (do 21 ao 23 de novembro) e a Lisboa (do 3 ao 6 de decembro). Tamén queda aínda pendente unha excursión dun día ao San Martiño (11 de novembro).

Máis información nos centros socioculturais.

Documentos relacionados



Compartir: