MOBILIDADE

Este vindeiro luns entran en vigor os horarios de inverno no transporte urbano

08/09/2016 O vindeiro luns, 12 de setembro, comezarán a aplicarse os horarios de inverno no transporte público en Santiago de Compostela. Así o vén de comunicar TUSSA, a empresa municipal de xestión do transporte urbano.

Toda a información sobre os horarios (documento adxunto) estará dispoñible na páxina web www.tussa.org. Ademais, editáronse folletos informativos que estarán a disposición de usuarias e usuarios nos propios autobuses. A maiores, na aplicación móbil maisbus e no teléfono 901 120 054 infórmase os 365 días do ano do horario de funcionamento do servizo, así como das distintas rutas. Tamén se pode consultar calquera dúbida nos perfís de Twitter e Facebook de Tussa.

Direcciones relacionadas



Compartir: