ESPAZOS CIDADÁNS E MOBILIDADE

Comezan as obras da fase III de Vista Alegre

22/08/2016 Esta mañá comezaron as obras da fase III de Vista Alegre, que permitirán rebaixar as cotas da calzada nas rúas Bispo Diego Peláez e Santa Comba. Tal e como adiantara o concelleiro de Espazos Cidadáns, os traballos vanse desenvolver de forma simultánea, con dous equipos de obra diferentes.

A actuación ten un prazo de execución de cinco meses, de xeito que debe estar rematada antes de que remate o mes de xaneiro de 2017. Jorge Duarte explicou que, ao mesmo tempo, estase traballando nos proxectos modificados das fases I e II, que terán un prazo de execución de tres meses.

Para acometer as obras da fase III de Vista Alegre foi preciso cortar ao tráfico a rúa Bispo Diego Peláez, pero quedou aberta á circulación a rúa Parque de San Xoán, de xeito que se minimiza o impacto no tráfico. Si foi preciso realizar desvíos nas liñas 5 e 15 do transporte urbano, se ben non houbo que suprimir ningunha das paradas habituais destes autobuses.

Compartir: