ALCALDÍA

Martiño Noriega participa na homenaxe da Deputación da Coruña aos cargos institucionais represaliados no 36

28/07/2016 O alcalde, Martiño Noriega, sumouse este mediodía á homenaxe aos cargos institucionais represaliados despois do golpe militar de 1936, organizada pola Deputación da Coruña.

Encabezado polo presidente do organismo provincial, Valentín González Formoso, e pola vicepresidenta, Goretti Sanmartín, o acto serviu para lembrar especialmente a José López Bouza e Ánxel Casal, os que eran presidente e vicepresidente da Deputación da Coruña no 36. A homenaxe insírese dentro da liña de recuperación da memoria histórica que defende o Goberno provincial.

Compartir: