DEPORTE

Angrois acolle este sábado a primeira proba do V Circuíto de Carreiras CorreSan

28/07/2016 O V Circuíto de Carreiras Saudables Corresan bota a andar e faino coa carreira Ruta da Prata-Angrois que se celebrará este sábado 30 de xullo a partir das 20:15 horas. A día de hoxe, O Circuíto CorreSan xa ten máis de 400 inscritos.

O concelleiro de Deporte, Rafael Peña, presentou en rolda de prensa esta proba acompañado do delegado en Santiago da Federación Galega de Atletismo, Iván Sanmartín. Ambos quixeron lembrar que ata hoxe está aberto o prazo de inscrición para esta proba, que terá tres categorías e tres horarios. Comezarase ás 20:15 horas coas categorías Benxamín e Alevín, continuarase ás 20:30 horas cos infantís e cadetes e, ás 21:00 horas, terá lugar a proba dos/as adultos/as.

O concelleiro de Deporte destacou "a gran acollida que están a ter estas probas en Santiago, sobre todo entre as persoas afeccionadas a este deporte, ao tratarse de probas de intensidade media". O percorrido desta primeira proba será de 1,2 km para benxamíns e alevíns e de 2,31 km para infantís e cadetes. No caso dos/as adultos/as, a distancia a percorrer será de 5,21 km.

As persoas inscritas poderán recoller todo o material da proba mañá venres en horario de 10 da mañá a 10 da noite e o propio sábado de 10 da mañá ás 7 da tarde na planta de Deportes de El Corte Inglés.

Direccións relacionadas



Compartir: