FESTAS

The Dandy Warhols, protagonistas doutra xornada das festas do Apóstolo

26/07/2016 Os protagonistas musicais deste martes nas festas do Apóstolo foi a banda de rock estadounidense The Dandy Warhols, que ofreceu un agardado concerto na praza da Quintana.

The Dandy Warhols pasaron a ser coñecidos polo gran público alá polo ano 2001, grazas ao seu tema "Bohemian like you", que foi elixido para unha campaña publicitaria dunha empresa de telefonía. Pero a banda de Portland conta cunha longa traxectoria e cunha lexión de fieis.

Mostra de cellograffiti
Outra das actividades da xornada foi a mostra de cellograffiti organizada pola asociación Vella Escola no paseo da avenida Xoán XXIII. Esta acción enmárcase no Plan Rúas, Rexeneración Urbana Arte Santiago, impulsado pola Concellaría de Medio Ambiente e Convivencia.

Esta mostra constou de seis grandes murais de sete metros de lonxitude, e nela participaron artistas chegados de toda Galicia.

Compartir: