ALCALDÍA

Recepción no Pazo de Raxoi ao delegado rexio na Ofrenda ao Apóstolo Santiago

25/07/2016 Como cada 25 de xullo, celebráronse os actos da Ofrenda ao Apóstolo Santiago. Finalizada a cerimonia relixiosa, a comitiva oficial foi recibida polo alcalde, Martiño Noriega, no Pazo de Raxoi.

O delegado rexio, que nesta ocasión foi o presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Santalices, pronunciou unhas verbas no salón vermello e asinou no Libro de Honra.

Compartir: