XUNTA DE GOBERNO

Aprobada a convocatoria de axudas para o fomento da igualdade entre homes e mulleres

22/07/2016 A Xunta de Goberno aprobou hoxe as bases e a convocatoria das subvencións para o fomento de actividades a prol da igualdade de oportunidades entre mulleres e homes, e a prevención e loita contra a violencia de xénero. A esta iniciativa da Concellaría de Igualdade destinaranse un total de 20.000 euros.

A Xunta de Goberno tamén aprobou a adhesión da Oficina de Promoción Económica e Emprego á rede Eusumo, da Consellería de Traballo da Xunta de Galicia. Esta rede, cofinanciada polo Fondo Social Europeo, procura o fomento do espírito emprendedor, prestando apoio directo á creación e consolidación de emprego con base na economía social.

Licenzas
A Xunta de Goberno tamén aprobou hoxe a concesión de tres licenzas para executar obras en cubertas dos patios doutros tantos colexios. Serán, en concreto, os CEIPs Pío XII, Apóstolo Santiago e López Ferreiro.

En materia de licenzas, tamén se concedeu o permiso para executar as obras de rehabilitación e reforma de dous edificios de Vista Alegre, nas rúas Rianxo e Santa Uxía de Ribeira. Os dous inmobles serán tamén dotados de ascensor.

Documentos relacionados

Direccións relacionadas



Compartir: