EDUCACIÓN E CIDADANÍA

O Concello resolve a sentenza do TSXG das escolas infantís de Conxo e As Fontiñas

15/07/2016 Sermasa resultou a empresa coa maior puntuación na repetición do proceso de adxudicación do contrato de xestión das escolas infantís de Conxo e As Fontiñas.

A repetición deste proceso de contratación responde o cumprimento, por parte do Concello, dunha sentenza do 23 de decembro de 2015 do TSXG que obrigaba a retrotraer o proceso de adxudicación deste contrato ao 2013, ano no que a Xunta de Goberno do Concello decidiu excluír do procedemento a Sermasa, decisión que o TSXG entende "inxustificada". Na mesma sentenza obrigábase a admitir e valorar a oferta presentada pola empresa.

O Concello de Santiago comunicaralle agora ao TSXG a celebración desta Mesa de Contratación e o cumprimento da sentenza.

Compartir: