ALCALDÍA

Martiño Noriega recibiu o embaixador de Turquía, Ömer Önhon

30/06/2016 O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, reuniuse en Raxoi co embaixador de Turquía en España, Ömer Önhon, quen acudiu á cita acompañado do cónsul honorario deste país na Coruña, Francisco Peleteiro.

Esta é a primeira visita do diplomático turco a Galicia, onde está a manter diversos contactos institucionais e empresariais. O alcalde comezou a xuntanza expresándolle a Ömer Önhon a solidariedade da Corporación e da cidadanía de Compostela con Turquía a raíz do atentado acontecido este martes no aeroporto de Estambul.

Compartir: