BENESTAR ANIMAL

A Fundación Refuxio de Animais organiza a VII edición do "MiniCanmiño"

29/06/2016 A Fundación Refuxio de Animais de Bando organiza o próximo sábado 2 de xullo a sétima edición do MiniCanmiño, unha singular peregrinación que ten como obxectivo concienciar á cidadanía sobre o abandono de animais.

Xa está confirmada a participación duns 20 voluntarios, que guiarán a dez cans do refuxio, así como padriños e madriñas dalgúns dos 400 cans que residen en Bando. Tamén pode sumarse á iniciativa calquera persoa que adoptara unha mascota no Refuxio ou que estea sensibilizada con esta problemática.

A marcha comezará ás 10:30 horas no Refuxio de Bando e está previsto que os "peregrinos" cheguen ás 13:30 horas á Alameda. Alí, ao longo de toda a mañá haberá distintas actividades organizadas pola Fundación Refuxio de Animais para dar a coñecer o seu labor. Tamén haberá unha mesa informativa na que se explicará como se pode ser voluntario, como apadriñar un animal ou como facer achegas e colaboracións.

Pola tarde celebrarase a "Pasarela da adopción", onde se mostrarán algúns cans apadriñados e outros que non o están, e contaranse as súas historias. A actividade rematará en torno ás 21:00 horas.

Direcciones relacionadas



Compartir: