DEPORTE

Santiago aspira a ser sede en 2018 do Campionato do Mundo Xuvenil de Xadrez

27/06/2016 O concelleiro responsable de Deporte, Rafael Peña, acompañado doutros membros da Corporación, recibiu en Raxoi unha delegación da Federación Internacional de Xadrez.

O edil expresoulle aos federativos o apoio institucional do Concello de Santiago á candidatura da cidade para ser sede do Campionato do Mundo Xuvenil de Xadrez en 2018.

A decisión sobre a sede que finalmente organizará o torneo coñecerase en setembro na cidade de Bakú (Acerbaixán), con motivo do 87º Congreso da Federación Internacional de Xadrez.

Compartir: