ALCALDÍA

Martiño Noriega asistiu á celebración dos 25 anos da Fundación 10 de Marzo

23/06/2016 O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, asistiu no edificio Cersia á clausura do acto do XXV Aniversario da Fundación 10 de marzo, de Comisións Obreiras de Galicia.

O nome da Fundación, constituída no ano 1991, remóntase aos sucesos acontecidos en Ferrol o 10 de marzo de 1972, cando a policía franquista reprimiu con disparos unha manifestación obreira, causando a morte de dous militantes de CCOO —Amador Rey e Daniel Niebla— e deixando ducias de persoas feridas de bala. Comisións Obreiras conmemora cada ano esa data como o Día da Clase Obreira Galega.

Unhas 150 persoas asistiron a este acto, pechado polo alcalde de Santiago, Martiño Noriega. Tamén tomaron a palabra o secretario xeral do Sindicato Nacional de CCOO, Xosé Manuel Sánchez Aguión; o secretario xeral confederal, Ignacio Fernández Toxo; o presidente da F10M, Xan María Castro, e a secretaria xeral de CCOO de Ferrol, Áurea Vázquez. No medio das intervencións proxectáronse breves fragmentos audiovisuais sobre actividades realizadas pola F10M.

Compartir: