FEIRA DO LIBRO

O tenente de alcalde, Jorge Duarte, participa na apertura da Feira do Libro

30/04/2016 O segundo tenente de alcalde, Jorge Duarte, achegouse esta mañá á Alameda para participar na inauguración da Feira do Libro. Alí estivo acompañado do vicepresidente da Federación de Libreiros, Antón Pedreira; do secretario de Normalización Lingüística, Valentín García; e da vicepresidenta da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín, entre outros concelleiros e concelleiras da Corporación compostelá.

Jorge Duarte invitou á veciñanza a visitar a Feira do Libro, que este ano coincide coas Festas da Ascensión, e lembrou a importancia de que a cidade siga apostando pola lectura. Na inauguración estivo presente a Banda Municipal de Música, que interpretou algunhas pezas antes de que dera comezo o pregón e as intervencións dos cargos políticos.

A Feira do Libro estará na Alameda dende o sábado 30 de abril ata o domingo 8 de maio.

Compartir: