ACCIÓN CULTURAL

O Concello colabora coa Feira do Libro

29/04/2016 O Concello de Santiago facilita a celebración da Feira do Libro, aínda que, atendendo ás inquedanzas do sector, reformula a súa cooperación para este ano 2016.

A Federación de Libreiros de Galicia, entidade organizadora da Feira, é unha das que optan a unha subvención competitiva, no marco da convocatoria feita pola Concellaría de Acción Cultural e que está pendente de resolución.

O Concello facilita a celebración da Feira e a súa organización, pondo a Banda Municipal de Música a disposición da Federación de Libreiros.

Á inauguración asistirá o segundo tenente de alcalde, Jorge Duarte, como representación institucional do Concello.

O Goberno local entende que o modelo da Feira do Libro de Santiago, que vén amosando síntomas de esgotamento, pode ser revisado, co obxectivo de frear a caída de visitantes e de librarías participantes que ven sufrindo nos últimos anos.

Compartir: