FESTAS

Os concertos de Davide Salvado e Soleá Morente pasan a ser de balde

29/04/2016 A veciñanza de Santiago poderá gozar dos concertos de Davide Salvado + Batida, do venres 6 de maio, e de Soleá Morente + WAS (We are Standard), do sábado 7 de maio, de maneira gratuíta. Así, todos os concertos da praza da Quintana, en particular, e toda a programación das Festas da Ascensión, en xeral, será de balde.

Posta de longo, máis que debut. Tras infinidade de aventuras artísticas, Soleá Morente estrea agora o seu primeiro disco,, titulado . Busca o seu sitio rodeada dos seus, que son moitos e variopintos. Porque este non é un disco de encontros, senón de relacións. O elenco de invitados responde a razóns artísticas e vitais e con todos hai lazos: Soleá con J e La Bien Querida, con Los Planetas, Lagartija Nick, Lori Meyer ou Pájaro Jack. Tendrá que haber un camino apunta a un longo percorrido e parte, como non podía ser doutro xeito, do corazón de Granada.

Davide Salvado é sen dúbida unha das voces máis carismáticas do noso país. De formación autodidacta, leva media vida recorrendo as aldeas na procura de ritmos, coplas e danzas. De todas esas mulleres que se foi atopando, aprendeu non só a tradición na música, se non todo un xeito de vivir. O amor a todas esas prácticas tradicionais e o respecto pola terra fan do xeito de entender o canto para Davide moito máis que simplemente música.

No 2003 comezou a súa carreira profesional xunto a Ugia Pedreira (Marful) e o grupo Ecléctica Ensemble. Pouco despois, uniuse como cantante e percusionista á banda do recoñecido gaiteiro Budiño, coa que xirou por escenarios de medio mundo.

A súa versatilidade permitiulle achegarse tamén a xéneros como o cabaret ou o teatro. Davide colaborou ademais en varios traballos discográficos, como Galiza, de Kepa Junkera, ou o internacionalmente aclamado Sing me home, de Yo-Yo Ma & Silk Road Ensemble, entre outros.

En 2011, editou o seu primeiro traballo en solitario, Árnica pura, producido por Eliseo Parra, que esgotou catro edicións. Tras dous anos de xira, presentou O ladrón de amorodos, un espectáculo a trío xunto o acordeonista Santi Cribeiro (Berrogüetto) e o percusionista e gaiteiro Cristian Silva. Con este espectáculo, Davide foi escollido polo xurado internacional para a sección oficial de Womex 2014, a feira de world music máis importante do mundo. Grazas a isto, conseguiu unha gran presenza nos medios especializados internacionais, onde falaron del como unha das grandes descubertas do 2014.

En febreiro de 2015 editouse o disco Rústica, un proxecto moi especial e efémero xunto a Cristina Pato, Anxo Pintos e Roberto Comesaña, que acadou moi boas críticas.

No 2015 editou o seu novo disco en solitario, Lobos, producido por Pedro Pascual (Talabarte, Marful), no que Davide se ve arroupado por músicos do talla de Santi Cribeiro (arranxista de moitos dos temas), Xavi Lozano (Coetus), Quim Farinha (Berrogüetto), Miguel Hiroshi ou LAR Legido (Sumrrá), entre outros.

Direccións relacionadas



Compartir: