CONVIVENCIA

Xornadas sobre seguridade viaria en Down Compostela, CEE López Navalón e Aspas

29/04/2016 Fomentar a autonomía viaria das persoas con discapacidade, facilitar a súa integración e, sobre todo, favorecer a súa seguridade, son os obxectivos dos programas de educación viaria da Policía Local dirixidos a estes colectivos. Esta semana, no marco do programa Vivimos as mesmas realidades, puxéronse en práctica os contidos traballados previamente nas clases dos centros de educación especial Down Compostela, CEE López Navalón e Aspas.

Na busca dunha maior autonomía persoal e da adquisición de hábitos viarios seguros e responsables, os escolares realizaron os seus desprazamentos camiñando polas rúas de Compostela e, grazas á colaboración de Tussa, usando como pasaxeiros o autobús urbano. Ademais, visitaron as dependencias policiais, onde puideron comprobar como se controla a circulación da cidade a través das cámaras da sala de pantallas.

Para eles tamén resultou moi interesante observar o traballo diario da Policía Local, especialmente no caso dos usuarios de Down Compostela que, dentro dos seus programas de inclusión social, quixeron coñecer os requisitos do proceso de formación para acceder ao posto de traballo.

Compartir: