ALCALDÍA

Recepción á Irmandade dos Vinhos Galegos

12/03/2016 O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, recibiu no Pazo de Raxoi á Irmandade dos Vinhos Galegos con motivo do seu 25º aniversario.

Nesta xornada de celebración, os integrantes da Irmandade participaron en diversos actos e celebraron a súa Xunta Xeral. Tal como din os seus estatutos, esta confraría naceu para "loitar pola calidade e fama dos viños galegos, defendelos de afrentas e manter a súa sona e honra, para bebelos os vivos e legar aos nosos desdecendentes".

Compartir: