EDUCACIÓN E CIDADANÍA

A piques de rematar as obras de ampliación do CEIP de Roxos-Villestro

29/01/2016 O concelleiro de Educación e Cidadanía, Manuel Dios, visitou o CEIP de Roxos-Villestro para interesarse pola situación das obras de ampliación do centro, a cargo da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

Os técnicos explicáronlle que estaban a piques de rematar as obras e que sería na semana de Entroido cando comezarán a trasladar mobiliario e alumnado aos novos espazos. No edificio novo construíronse tres aulas de educación infantil e dúas de desdobre, aínda que non se descarta facer unha nova ampliación nuns anos debido a alta demanda na parroquia de Villestro.

No patio haberá unha zona con terra revolta que se sementará para que creza herba natural. Dese xeito, a zona exterior estará perfectamente acondicionada logo da primavera.

Compartir: