ALCALDÍA

O Goberno municipal reafirma o seu compromiso por un Concello laico

30/07/2015 O alcalde compostelán, Martiño Noriega, e o concelleiro de Educación e Cidadanía, Manuel Dios, reuníronse con representantes da asociación Europa Laica, que nestes días participa nun curso de verán organizado pola Universidade de Santiago.

Tras a xuntanza, Manuel Dios agradeceu ao presidente de Europa Laica, Francisco Delgado, o seu detalle de "saudar a política que o Concello está a desenvolver en materia de separación de Igrexa e Estado". Neste sentido, o concelleiro defendeu que o Goberno municipal, apostando por un Concello laico, está aplicando "un respecto escrupuloso polo voto da cidadanía, polo programa electoral e polo código ético de Compostela Aberta".

Compartir: