ALCALDÍA

O alcalde recibirá os representantes veciñais de Santiago de Compostela con motivo dos fogos de fin de festa do Apóstolo

30/07/2015 Os convites para que a cidadanía presenciase os pasados Fogos do Apóstolo iniciaron unha nova etapa na que o Goberno local quere abrir o espazo municipal e os seus actos aos veciños e veciñas. Nesta liña e con motivo dos fogos de fin de festa do Apóstolo, o alcalde, Martiño Noriega, e o resto da Corporación, recibirán mañá venres no Pazo de Raxoi a membros das asociacións veciñais e do Consello de Relacións Veciñais.

A esta recepción, que terá lugar ás 22:30 horas, están convidados dous integrantes de cada unha das asociacións veciñais de Santiago de Compostela. Serán as propias entidades as que designen os seus representantes neste acto. Tamén recibiron convite os integrantes actuais do Consello de Relacións Veciñais.

Despois da recepción, se o clima o permite e se o desexan, todos os convidados poderán presenciar dende a terraza do Pazo de Raxoi os fogos de fin de festa do Apóstolo, que se lanzarán dende o Campus Sur a partir das 23:30 horas.

Compartir: