CULTURA E RELACIÓNS VECIÑAIS

Nova cita co programa "Imos ao baile"

05/06/2015 Iníciase o mes de xuño cunha nova sesión do programa Imos ao baile. Será este sábado, na Casa das Asociacións de Cornes (rúa Manuel Beiras, 3) a partir das 17:00 horas.

As concellerías de Cultura e de Relacións Veciñais, convidan a veciñanza a pasar unha tarde de festa amenizada polo grupo Alborada.

A actividade está dirixida a público adulto, con entrada libre ata completar a capacidade da sala.

Compartir: