ALCALDIA

O Concello considera a licitación no BOE das obras do acceso ao Polígono do Tambre outra boa noticia para Santiago

03/01/2015 O Concello de Santiago valora positivamente a licitación das obras de remodelación do acceso ao Polígono Industrial do Tambre, cuxo anuncio aparece publicado no Boletín Oficial do Estado de hoxe por un importe de 1,6 millóns de euros e un prazo de execución de 12 meses.

O Ministerio de Fomento cumpre deste xeito o compromiso asumido pola ministra Ana Pastor co alcalde de Santiago na reunión mantida entre ambos o pasado mes de novembro, na que lle anunciou a inminencia desta licitación.
O paso dado hoxe permitirá que as obras de mellora dos accesos ao polígono do Tambre, moi demandadas polos empresarios, poidan estar adxudicadas dentro do primeiro trimestre de 2015.

Compartir: