ALCALDÍA

O Pazo de Raxoi recibe á delegación francesa do Concello de Vannes

05/06/2014 Encabezada pola tenente de alcalde, Latifa Bakhtous, está mañá o alcalde Ángel Currás e a concelleira Reyes Leis, recibiron aos representantes do Concello de Vannes da Bretaña francesa que se atopan en Santiago para presentar as conclusións do proxecto educativo Comenius Regio, que pretende fomentar os intercambios escolares entre Galicia e a rexión francesa.

O Salón Vermello do Pazo de Raxoi deu esta mañá a benvida á comitiva de representantes da localidade bretona que presentarán as conclusións do proyecto Comenius Regio "Échangeons notre échange escolaire!". Os resultados presentaranse no marco das Xornadas Pedagóxicas da Asociación de Profesores de francés.

O obxetivo de esta visita é promover o desenvolvemento de actividades entre as autoridades locales e rexionais activas no mundo da educación en Europa e contribuir así a mellorar a súa oferta educativa.

Este proxecto permite a colaboración de institucións rexionais, centros educativos e outros actores relevantes na educación para traballar xuntas en temas de interese común de cooperación entre o mundo educativo en Europa.

Compartir: