DESENVOLVEMENTO URBANO SOSTIBLE
A iniciativa plásmase no "Paseo da literatura" na Alameda, onde se instalarán ao longo do paseo dos Leóns pedras gravadas coas citas máis relevantes. Hoxe colocaranse as dúas primeiras, a de Dante en Vita Nuova "pero en verdade se chaman peregrinos en canto van á casa de Galicia porque a sepultura de Santiago fíxose máis lonxe da súa patria que a de ningún outro apóstolo"; e unha de Rosalía sobre o Pórtico da Gloria, ao pé da súa estatua. Serán polo tanto dous paseos, un no que se recollan as citas de autores galegos e noutro, aquelas de autores españois e do resto do mundo.
Pero a integración da literatura non só se ceñirá á Alameda, senón que sairá a outras partes emblemáticas da cidade. Deste xeito colocarase un busto de Valle-Inclán na praza de Galicia, lembrando a súa presenza en Compostela o seu último ano de vida e as súas tertulias no vello Derby. E non podería faltar a cita atribuída a Goethe "Europa fíxose peregrinando a Compostela", que se ubicará na Porta do Camiño, onde xa se atopa unha placa coa declaración do Camiño como Patrimonio da Humanidade, e que poderá lerse en seis idiomas.
Esta actuación complétase co libro "Compostela, mil años de literatura", que recolle todas as citas e textos dos grandes autores da literatura univesal sobre a cidade de Santiago e o Camiño. Tanto o alcalde como a concelleira María Pardo sinalaron a importancia de iniciativas como estas para poñer en valor o patrimonio inmaterial da nosa cidade, así como a súa vertente didáctica. O proxecto realizouse en colaboración coa Fundación Laboral da Construción.
A Alameda lembrará cun paseo literario as citas de grandes escritores sobre o Camiño de Santiago e a cidade
26/03/2014 Desde Dante ata Hemingway ou García Márquez, os grandes literatos inmortalizaron nas súas obras o Camiño de Santiago. O Concello quere recoller e resaltar estas citas e para iso a Alameda acollerá un "paseo literario" entre a Porta dos Leóns e a Estatua de Rosalía. A iniciativa foi presentada en rolda de prensa polo alcalde compostelán, Ángel Currás e e a concelleira de Desenvolvemento Urbano Sostible, María Pardo. Pola tarde, visitarán o paseo.
Poucas cidades poden dicir que os máis grandes escritores de todos os tempos falaron dela. En libros da importancia de O Cantar do Mío Cid, A Divina Comedia, Os Contos de Canterbury, O Quixote, Viaxe a Italia ou O Ulises atopamos referencias á nosa cidade. Pero, como sinalou o alcalde, era preciso facer que este patrimonio inmaterial que é a literatura se materialice nas rúas do casco vello para que todos os cidadáns e visitantes sexan conscientes da importancia de Santiago na historia cultural de Europa.A iniciativa plásmase no "Paseo da literatura" na Alameda, onde se instalarán ao longo do paseo dos Leóns pedras gravadas coas citas máis relevantes. Hoxe colocaranse as dúas primeiras, a de Dante en Vita Nuova "pero en verdade se chaman peregrinos en canto van á casa de Galicia porque a sepultura de Santiago fíxose máis lonxe da súa patria que a de ningún outro apóstolo"; e unha de Rosalía sobre o Pórtico da Gloria, ao pé da súa estatua. Serán polo tanto dous paseos, un no que se recollan as citas de autores galegos e noutro, aquelas de autores españois e do resto do mundo.