BENESTAR SOCIAL

Xornada de cultura urbana na praza Roxa

10/10/2013 Con motivo da clausura das actividades de cultura urbana que se viñeron desenvolvendo no Concello de Santiago nestes seis meses, realizouse unha xornada final na praza Roxa. A concelleira de Benestar Social, María Castelao, visitou as actividades.

Ao longo da xornada, dunhas seis horas, realizáronse diversos obradoiros e exhibicións relacionados coa cultura urbana, dirixidos a mozos e mozas principalmente. As actividades eran de balde.

Houbo exhibición de graffiti sobre un coche; obradoiros de turntablism (Dj), graffiti, e beatbox; e exhibicións de cultura urbana: breakdance, turntablism (Dj), beatbox, rap (García Mc) e capoeira.

Compartir: