OBRAS E BRIGADA

Remodelados os aseos públicos da Alameda

22/07/2013 Os concelleiros María Pardo e Juan de la Fuente visitaron os aseos da Alameda tras as obras de remodelación realizadas pola Brigada de Vías e Obras.

Estas instalacións presentaban un importante deterioro, incluídas as filtracións de auga que se producían dende a parte superior. Agora volven estar listos para a súa utilización polos usuarios, algo especialmente necesario nestas datas das Festas do Apóstolo nas que a xente visitará masivamente a Alameda.

As actuacións no parque da Alameda continuarán nas vindeiras semanas, ao iniciarse as obras no estanque. Esta intervención permitirá intervir na xardinería, nas instalacións, no mobiliario, na pavimentación e na impermeabilización. Esta zona do estanque quedará moito mellor integrada no paseo central da Alameda, gañando ademais en diversidade de flora, colorido e vistosidade. Unha das consecuencias da remodelación é que permitirá a volta das aves ao estanque. As obras aproveitaranse tamén para mellorar os sistemas de rego, automatizándoos, facilitando un importante aforro de auga.

Compartir: