Ayuntamiento de Santiago de Compostela

Saltar a los contenidos
Utilidades (Saltar):

Idiomas (Saltar):



Portada » Noticias » Agenda
Compartir:

Agenda
Sábado 25 de junio 2016

Axenda

x

"Os bicos dos refuxiados", mostra fotográfica de Gabriel Tizón en gran formato, na praza Roxa

Os bicos dos refuxiados é o novo proxecto fotográfico de Gabriel Tizón. É unha ampliación da mostra Refuxiados sen camiño e pretende achegar ás persoas e dar outro enfoque a este drama, a través de 18 fotografías impresas en lona para exterior.

[25/06/2016 10:00] Durante o mes de xuño, na praza Roxa


Axenda

x

Mostra do Noveno Premio Auditorio de Galicia para Novos Artistas

Novena edición do Premio Auditorio de Galicia, unha convocatoria que testa a creación emerxente en Galicia achegándonos ás diferentes disciplinas nas que se moven os creadores, pintura, escultura, fotografía, performance, vídeo, instalacións. Foron cento trece os dossieres presentados e son coarenta os artistas que forman parte desta exposición.

[25/06/2016 23:00] Do 11 de marzo ao 18 de setembro, no Auditorio de Galicia.

Máis información: Compostela Capital Cultural


Axenda

Unha das fotografías da exposición.

"Refuxiados sen camiño", exposición do fotoxornalista Gabriel Tizón no centro comecial Área Central

O centro comercial Área Central acolle a exposición Refuxiados sen camiño, do fotoxornalista Gabriel Tizón. Son 22 paneis de gran formato (aproximadamente 2 metros) que amosan 80 fotografías de Gabriel Tizón durante o seu traballo nos campamentos de refuxiados de Idomeni (Turquía).

[25/06/2016 23:00] Durante o mes de xuño, en Área Central.


Axenda

x

"As rúas contan que. Narrativas gráficas colectivas", intervención na Zona C de Bonaval

Tres colectivos relacionados co debuxo -Oficina Arará, Club del Dibujo e Botafumeiro- baixo o comisariado de Desirée Vidal Juncal, son os protagonisas da terceira das intervencións seleccionadas na modalidade de proxectos de comisariado para a Zona "C" e formando parte da convocatoria en artes visuais que nutre de programación este espazo multidisciplinar.

[25/06/2016 23:00] Do 27 de maio ao 24 de xullo, na Zona C.

Máis información: Compostela Capital Cultural



Enviar | Imprimir | Arriba

© Ayuntamiento de Santiago. Pazo de Raxoi. Praza do Obradoiro. Tel.: 981 542 300 (Centralita) 981 542 357 (Alcaldía)