Sábado 16 de xuño 2012

Axenda

Chema Madoz: "Ars Combinatoria"

O Auditorio de Galicia acolle a exposición Ars Combinatoria, de Chema Madoz. A mostra fotográfica está comisariada por Oliva María Rubio e producida por La Fábrica.

Ata o 24 de xuño, no Auditorio de Galicia.

Máis información: Compostela Capital Cultural

Axenda

"Compostella dicitur. A cidade da Catedral. Santiago en 1211"

Compostella dicitur. A cidade da Catedral é o nome da exposición que inaugura o uso público da Casa do Cabido, un dos mellores edificios barrocos de Santiago. A exposición, relacionada co oitavo centenario da consagración da Catedral de Santiago, está ideada coma unha viaxe ao ano 1211, ano da consagración da basílica xacobea.

Ata o 30 de xuño, na Casa do Cabildo.

Máis información: Compostela Capital Cultural

Axenda

"Políptico" na Zona "C"

A Zona "C" acolle a mostra Políptico. Un comentario sobre a posta en valor do patrimonio, un novo proxecto do artista Enrique Lista concibido para este espazo. Comisariado por María Marco, foi o traballo seleccionado no 2011 entre todos os alumnos do curso de posgrao Máster en Arte Museoloxía e Crítica Contemporáneas da Universidade de Santiago de Compostela.

Ata o 23 de setembro, na Zona C.

Máis información: Compostela Capital Cultural

Axenda

Romaría Pop

A Romaría Pop é un novo concepto de Festival, no que ademais de música haberá diversas actividades para que sexa unha xornada lúdica para toda a familia.

O sábado 16 de xuño, entre as 13:00 e as 23:00 horas, no parque de Belvís.

Máis información: Compostela Capital Cultural

Axenda

"Tango", unha sátira de Sarabela Teatro no Principal

Tango é unha das obras máis relevantes do teatro europeo en todo o mundo. Reclama a necesidade dunha nova comprensión dos tempos que vivimos. Agora chega a Compostela da man da programación de Teatro&Danza, da Concellería de Cultura, e da man de Sarabela Teatro.

O venres 15 e o sábado 16 de xuño, ás 21:00 horas, no Teatro Principal.

Máis información: Compostela Capital Cultural

Axenda

José Mercé

José Mercé presenta o seu espectáculo Nuevo amanecer, no que por primeira vez canta todos os grandes éxitos da súa carreira. Será no escenario do Auditorio de Galicia nunha cita que os composteláns amantes da boa música non deberan perder

O sábado 16 de xuño, ás 21:00 horas, no Auditorio de Galicia.

Máis información: Compostela Capital Cultural

Compartir: