Xoves 18 de decembro 2014

Axenda

Nadal 2014

O Concello de Santiago ofrece este Nadal unha variada programación, con actividades orientadas á participación de todos os públicos.

Do 5 de decembro ao 5 de xaneiro, en diversos espazos da cidade

Axenda

"Gold, green and black", mostra fotográfica sobre as cores da cidade

O Consorcio de Santiago presenta a exposición Gold, green and black no soto do Museo das Peregrinacións e de Santiago. A mostra reúne 60 fotografías que ilustran a gama de cores tan característica da cidade compostelá. Son imaxes dos fotógrafos galegos Alberte Peiteavel, Adolfo Enríquez e Tono Arias e da deseñadora Uqui Permui, directora da montaxe.

Ata o 31 de decembro, no Museo das Peregrinacións e de Santiago. De martes a sábado, polas mañás de 10:00 a 14:00 horas e polas tardes de 17:00 a 21:00 horas (a partir do 1 de novembro comeza o horario de inverno, que pasa a ser de 16:00 a 20:00 horas). Os domingos o museo abre de 11:00 a 14:00 horas e os luns permanece pechado.

Axenda

Exposición antolóxica de Miguelanxo Prado no Museo das Peregrinacións

O Consorcio de Santiago e El Patito Editorial organizan a exposición Mar interior. Miguelanxo Prado, unha mostra antolóxica do debuxante galego, a primeira que se realiza en Galicia.

A exposición reúne 59 obras orixinais de toda a carreira de Miguelanxo Prado. Divídese en dúas partes. A sala grande do museo está dedicada ao mar, unha constante na traxectoria do artista e nela poden verse obras de De Profundis, Ardalén, Trazo de Tiza, xunto con distintas ilustracións que teñen en común esta temática. Nesta mesma sala móstranse ilustracións da cidade de Santiago de Compostela, pola que Prado sente unha especial debilidade. Ademais, en tres vitrinas recóllese unha selección das súas obras en distintas linguas, xa que é un dos autores galegos máis traducidos, ata a 17 idiomas.

Noutra sala pódese ver un compendio dos seus primeiros traballos no mundo do cómic e ilustracións que ten realizado para outros escritores galegos e de fóra. Neste espazo tamén se lle rende unha pequena homenaxe ao Xabarín, que Miguelanxo Pradou creou nos noventa. E proxéctase Os Vixilantes do Camiño, a serie de animación en 2D que produciu para a Televisión de Galicia en 1999, inspirada no Camiño de Santiago e que protagonizan os personaxes do Xabarín Club.

Ata o 31 de decembro, no Museo das Peregrinacións e de Santiago.

Axenda

"Maside en Compostela. O testamento pictórico do mestre"

Exponse na Fundación Novacaixagalicia Maside en Compostela. O testamento pictórico do mestre, un proxecto no que colaboran o Concello de Santiago, a familia de Carlos Maside e a devandita Fundación. A través de 31 obras de diversas temáticas, e realizadas con diferentes técnicas que van dende o óleo ata a acuarela, pasando pola tinta china sobre pergameo, o proxecto expositivo presenta un percorrido pola obra e vida deste artista de traxectoria singular que se converteu no principal referente ideolóxico da xeración dos renovadores.

Ata o 31 agosto de 2015, en horario de luns a domingo de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 21:00 horas, no Centro Cultural da Fundación Novacaixagalicia.

Compartir: