Xoves 31 de maio 2012

Axenda

Chema Madoz: "Ars Combinatoria"

O Auditorio de Galicia acolle a exposición Ars Combinatoria, de Chema Madoz. A mostra fotográfica está comisariada por Oliva María Rubio e producida por La Fábrica.

Ata o 24 de xuño, no Auditorio de Galicia.

Máis información: Compostela Capital Cultural

Axenda

"Compostella dicitur. A cidade da Catedral. Santiago en 1211"

Compostella dicitur. A cidade da Catedral é o nome da exposición que inaugura o uso público da Casa do Cabido, un dos mellores edificios barrocos de Santiago. A exposición, relacionada co oitavo centenario da consagración da Catedral de Santiago, está ideada coma unha viaxe ao ano 1211, ano da consagración da basílica xacobea.

Ata o 30 de xuño, na Casa do Cabildo.

Máis información: Compostela Capital Cultural

Axenda

"Políptico" na Zona "C"

A Zona "C" acolle a mostra Políptico. Un comentario sobre a posta en valor do patrimonio, un novo proxecto do artista Enrique Lista concibido para este espazo. Comisariado por María Marco, foi o traballo seleccionado no 2011 entre todos os alumnos do curso de posgrao Máster en Arte Museoloxía e Crítica Contemporáneas da Universidade de Santiago de Compostela.

Ata o 23 de setembro, na Zona C.

Máis información: Compostela Capital Cultural

Axenda

"Ler, contar e gozar coas letras"

A campaña Ler, contar e gozar coas letras promove a lectura a través de máis de 100 actividades nos centros socioculturais. Obradoiros, contacontos, recitais poéticos e outras actividades lúdicas e divulgativas compoñen esta proposta dinamizadora de animación á lectura.

Ata o 9 de xuño, nos centros socioculturais.

Axenda

"Shakespeare para ignorantes"

Dentro da programación de Teatro & Danza da Concellería de Cultura chega ao Principal Shakespeare para ignorantes, de Quico Cadaval, a cargo de Producións Teatrais Excéntricas. Con Mofa e Befa (Evaristo Calvo e Victor Mosqueira) e o propio Quico Cadaval.

O mércores 30 e o xoves 31, ás 21:00 horas, no Teatro Principal.

Axenda

Concerto da Real Filharmonía baixo a dirección de Paul Daniel

Concerto da Real Filharmonía de Galicia dirixida por Paul Daniel, nesta ocasión coa participación especial da mezzosoprano Nancy Fabiola Herrera

Programa:

A. Pärt, Canto en memoria de Benjamin Britten.
H. Berlioz, Cleopatra.
J. Sibelius, Sinfonía núm. 2 en Re maior, op. 43.

O xoves 31 de maio, ás 21:00 horas, no Auditorio de Galicia.

Compartir: