Domingo 20 de maio 2012

Axenda

Chema Madoz: "Ars Combinatoria"

O Auditorio de Galicia acolle a exposición Ars Combinatoria, de Chema Madoz. A mostra fotográfica está comisariada por Oliva María Rubio e producida por La Fábrica.

Ata o 24 de xuño, no Auditorio de Galicia.

Máis información: Compostela Capital Cultural

Axenda

"Compostella dicitur. A cidade da Catedral. Santiago en 1211"

Compostella dicitur. A cidade da Catedral é o nome da exposición que inaugura o uso público da Casa do Cabido, un dos mellores edificios barrocos de Santiago. A exposición, relacionada co oitavo centenario da consagración da Catedral de Santiago, está ideada coma unha viaxe ao ano 1211, ano da consagración da basílica xacobea.

Ata o 30 de xuño, na Casa do Cabildo.

Máis información: Compostela Capital Cultural

Axenda

Concerto da Banda Municipal de Música

Concerto da Banda Municipal de Música, dirixida por Xosé Carlos, cun programa de música galega no que interpretan partituras recuperadas do Arquivo da Banda.

O domingo 20 de maio, ás 12:00 horas, no Teatro Principal.

Axenda

Actuación de Eliseo Parra

Concerto de Eliseo Parra dentro do ciclo Sons 2012 e enmarcado no 25 aniversario da Casa das Crechas.

O domingo 20 de maio, ás 21:00 horas, no Teatro Principal.

Compartir: