Xoves 23 de febreiro 2012

Axenda

Entroido nos centros socioculturais

Os centros e locais socioculturais ofrecen unha completa programación de Entroido para todos os públicos. Adxúntase o programa completo, coas datas e horarios.

Do 1 ao 25 de febreiro, nos locais e centros socioculturais.

Axenda

Sétimo Premio Auditorio de Galicia para novos artistas

Exposición da sétima edición do Premio Auditorio de Galicia para novos artistas, na que se poden ver as obras de 40 artistas seleccionados de entre todos os que se presentaron. Asentados e moi queridos dentro do panorama artístico galego, os Premios nesta edición estiveron dirixidos aos nados en Galicia e aos residentes menores de 40 anos a 31 de decembro de 2011.

Ata o 4 de marzo, no Auditorio de Galicia.

Axenda

Exposición sobre "MúsicaXove 2011" no CSCXM do Ensanche

O CSCXM do Ensanche acolle unha exposición coas mellroes imaxes do certame "MúsicaXove 2011", organizada pola Concellería de Xuventude.

Do 6 ao 29 de febreiro, no Centro Sociocultural e Xuvenil Municipal do Ensanche.

Axenda

"Mujer muerta caminando"

Cámara Negra Teatro representa Mujer muerta caminando, unha proposta escénica froito dun proceso de investigación teatral desenvolvido a partir de textos da novela O Idiota, de Fiodor M. Dostoievski.

Os días 1, 2, 3, 4, 9, 10, 11, 16 e 23 de febreiro, na Zona "C".

Axenda

Cristoph König dirixe á Real Filharmonía de Galicia

Novo concerto de abono da Real Filharmonía de Galicia, dirixida nesta ocasión por Cristoph König e coa colaboración ao piano de Christian Zacharias.

Programa:

H. W. Henze, Sinfonía núm. 1.
C. Debussy, Petite Suite.
J. Brahms, Concerto para piano núm. 2 en Si bemol maior, op. 83.

O xoves 23 de febreiro, ás 21:00 horas, no Auditorio de Galicia.

Axenda

Víctor Prieto Trío no Dado Dadá

O ciclo 1906 Jazz trae a Compostela ao Víctor Prieto Trío.

O xoves 23 de febreiro, ás 22:30 horas, no Jazz Club Dado Dadá.

Compartir: