Domingo 8 de xaneiro 2012

Axenda

"Cal e canto", exposición do Colectivo Batbirulau na Zona C

O colectivo Batbirulau, creado en Compostela no ano 2007, protagonista da nova intervención da Zona "C", baixo o título Cal e canto.

Do 21 de outubro de 2011 ao 22 de xaneiro de 2012, na Zona "C".

Axenda

Sétimo Premio Auditorio de Galicia para novos artistas

Exposición da sétima edición do Premio Auditorio de Galicia para novos artistas, na que se poden ver as obras de 40 artistas seleccionados de entre todos os que se presentaron. Asentados e moi queridos dentro do panorama artístico galego, os Premios nesta edición estiveron dirixidos aos nados en Galicia e aos residentes menores de 40 anos a 31 de decembro de 2011.

Ata o 4 de marzo, no Auditorio de Galicia.

Axenda

Concerto de Reis da Banda Municipal de Música

Concerto de Reis da Banda Municipal de Música, dirixida por Xosé Carlos Seráns.

Programa:

Marcha Burlesca, M. Palau.
A Gruta do Fingal (abertura), F. Mendelsshon.
A Revoltosa, R. Chapí.
Toyland Suite, F. Ferrán.
Cabaleiros de Santiago, J. L. Represas.

O domingo 8 de xaneiro, ás 12:00 horas, no Teatro Principal.

Axenda

Gala Implícate 2012

Nova edición da Gala Implícate 2012, organizada pola ONG Implicadas no Desenvolvemento, coa participación de Luis Tosar, Yolanda Castaño, Berrogüeto, Mónica de Nut Trío, Coro da Rá, Mónica García, Eva Veiga, Estevo Creus, Teresa Moure, Carlos Santiago, Isabel Risco, Marta Pazos e Co.

O sábado 8 de xaneiro, ás 20:30 horas, no Teatro Principal

Compartir: