Xoves 26 de xaneiro 2012

Axenda

Sétimo Premio Auditorio de Galicia para novos artistas

Exposición da sétima edición do Premio Auditorio de Galicia para novos artistas, na que se poden ver as obras de 40 artistas seleccionados de entre todos os que se presentaron. Asentados e moi queridos dentro do panorama artístico galego, os Premios nesta edición estiveron dirixidos aos nados en Galicia e aos residentes menores de 40 anos a 31 de decembro de 2011.

Ata o 4 de marzo, no Auditorio de Galicia.

Axenda

Concerto didáctico da Banda Municipal de Música

Ciclo de concertos didácticos da Banda Municipal de Música, dirixida por X. Carlos Seráns. O programa será Hoxe toca vento madeira.

Os días 25, 26 e 27 de xaneiro, ás 11:00 horas, no Auditorio de Galicia.

Axenda

Paul Daniel dirixe a Real Filharmonía

Novo concerto da Real Filharmonía de Galicia, dirixida nesta ocasión por Paul Daniel, e con Plamen Velev ao violoncello.

Programa:

- F. Delius, Dúas pezas para pequena orquestra: "Ao escoitar o primeiro cuco en primavera".
- A. Caplet, Épiphanie para violoncello e orquestra.
- R. Schumann, Sinfonía núm. 2 en Do maior, op. 61.

O xoves 26 de xaneiro, ás 21:00 horas, no Auditorio de Galicia.

Axenda

Teatro do Atlántico representa "E.R. (Algún día traballaremos xuntas)"

Teatro do Atlántico representa no Principal E. R. (Algún día traballaremos xuntas), de Josep M. Benet i Jornet. Con Manuela Varela, María Barcala, Luisa Merelas e Susana Dans. Dirixe Xulio Lago.

O xoves 26 e o venres 27 de xaneiro, ás 21:00 horas, no Teatro Principal

Axenda

"E.R. (algún día traballaremos xuntas)", no Teatro Principal

Teatro do Atlántico presenta E.R. (algún día traballaremos xuntas), dirixida por Xulio Lago.

Autor: Josep M. Benet i Jornet
Dirección: Xulio Lago
Adaptación: Xosé Manuel Pazos Varela
Escenografía: Rodrigo Roel
Deseño son: Xulio Lago
Deseño iluminación: Antón Arias/Xulio Lago
Vestiario: Susa Porto

Elenco artístico:

- Manuela Varela
- María Barcala
- Luísa Merelas
- Susana Dans

O xoves 26 e o venres 27 de xaneiro, ás 21:00 horas, no Teatro Principal.

Compartir: