Sábado 21 de xaneiro 2012

Axenda

"Cal e canto", exposición do Colectivo Batbirulau na Zona C

O colectivo Batbirulau, creado en Compostela no ano 2007, protagonista da nova intervención da Zona "C", baixo o título Cal e canto.

Do 21 de outubro de 2011 ao 22 de xaneiro de 2012, na Zona "C".

Axenda

Sétimo Premio Auditorio de Galicia para novos artistas

Exposición da sétima edición do Premio Auditorio de Galicia para novos artistas, na que se poden ver as obras de 40 artistas seleccionados de entre todos os que se presentaron. Asentados e moi queridos dentro do panorama artístico galego, os Premios nesta edición estiveron dirixidos aos nados en Galicia e aos residentes menores de 40 anos a 31 de decembro de 2011.

Ata o 4 de marzo, no Auditorio de Galicia.

Axenda

"Las siete vidas del gato" no Teatro Principal

Ángel García Suárez dirixe a representación de Las siete vidas del gato, de Enrique Jardiel Poncela. Con Ana Ruiz, Juan José Arjona, Jorge Lucas, Zorion Eguileor, Helena Dueñas, Luz Nicolás e Raquel Ramos.

O sábado 21 de xaneiro, ás 21:00 horas, no Teatro Principal.

Compartir: