Luns 27 de febreiro 2012

Axenda

Sétimo Premio Auditorio de Galicia para novos artistas

Exposición da sétima edición do Premio Auditorio de Galicia para novos artistas, na que se poden ver as obras de 40 artistas seleccionados de entre todos os que se presentaron. Asentados e moi queridos dentro do panorama artístico galego, os Premios nesta edición estiveron dirixidos aos nados en Galicia e aos residentes menores de 40 anos a 31 de decembro de 2011.

Ata o 4 de marzo, no Auditorio de Galicia.

Axenda

Exposición sobre "MúsicaXove 2011" no CSCXM do Ensanche

O CSCXM do Ensanche acolle unha exposición coas mellroes imaxes do certame "MúsicaXove 2011", organizada pola Concellería de Xuventude.

Do 6 ao 29 de febreiro, no Centro Sociocultural e Xuvenil Municipal do Ensanche.

Axenda

"Alaska 2099"

Dentro da programación do V Ciclo de Teatro Comunitario que organiza a USC e o Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia, represéntase a obra de teatro Alaska 2099, continuación de Educador social en Alaska, levada a escea pola compañía teatral Factoría Los Sánchez, e que disfrutou de grande éxito na súa xira por Galicia o ano pasado.

O luns 27 de febreiro, ás 21:00 horas, no Teatro Principal

Compartir: