Sábado 11 de febreiro 2012

Axenda

Entroido nos centros socioculturais

Os centros e locais socioculturais ofrecen unha completa programación de Entroido para todos os públicos. Adxúntase o programa completo, coas datas e horarios.

Do 1 ao 25 de febreiro, nos locais e centros socioculturais.

Axenda

Sétimo Premio Auditorio de Galicia para novos artistas

Exposición da sétima edición do Premio Auditorio de Galicia para novos artistas, na que se poden ver as obras de 40 artistas seleccionados de entre todos os que se presentaron. Asentados e moi queridos dentro do panorama artístico galego, os Premios nesta edición estiveron dirixidos aos nados en Galicia e aos residentes menores de 40 anos a 31 de decembro de 2011.

Ata o 4 de marzo, no Auditorio de Galicia.

Axenda

Exposición sobre "MúsicaXove 2011" no CSCXM do Ensanche

O CSCXM do Ensanche acolle unha exposición coas mellroes imaxes do certame "MúsicaXove 2011", organizada pola Concellería de Xuventude.

Do 6 ao 29 de febreiro, no Centro Sociocultural e Xuvenil Municipal do Ensanche.

Axenda

Xogos populares na praza Roxa

Volven os xogos populares organizados polo Centro Sociocultural e Xuvenil Municipal do Ensanche.

O sábado 11 de febreiro, ás 12:00 horas, na praza Roxa.

Axenda

Concerto da Banda Municipal de Música

Concerto da Banda Municipal de Música, dirixida por X. Carlos Seráns, desta vez baixo o título Grandes compositores: Wagner versus Verdi.

Programa:

Os maestros cantores, R. Wagner/X. C. Seráns
Nabucco, G. Verdi
Tannhaüser, R. Wagner
Macbeth, G. Verdi
Entrada dos deuses no Walhalla, R. Wagner
Aida, G. Verdi

O domingo 12 de febreiro, ás 12:00 horas, no Teatro Principal.

Axenda

Xornada de portas abertas en Conxo

Conxo vive unha xornada de portas abertas. Os comerciantes deste barrio organizan este evento, que o Concello apoia e que acolle diversas actividades, como sinatura de libros e entrega de debuxos por parte de Pepe Barreiro, creador dos Bolechas; degustación de filloas, orellas e tapas; maquillaxe para nenos; manicura canina; manualidades, demostracións e outras moitas sorpresas. Descontos, sorteos a música de Os Conformistas completan a velada.

Dende as 16:30 ata as 22:00 horas do sábado 11 de febreiro, na avenida de Vilagarcía e nas rúas García Prieto, Sánchez Freire e Doutor Maceira.

Axenda

Xenerais da Ulla en Marrozos

A parroquia compostelá de Marrozos celebra o seu tradicional entroido co espectáculo dos chamados Xenerais da Ulla, que implica toda unha escenificación na que interveñen diferentes personaxes.

O sábado 11 de febreiro, a partir das 19:30 horas, no campo da festa de Marrozos.

Axenda

"Mujer muerta caminando"

Cámara Negra Teatro representa Mujer muerta caminando, unha proposta escénica froito dun proceso de investigación teatral desenvolvido a partir de textos da novela O Idiota, de Fiodor M. Dostoievski.

Os días 1, 2, 3, 4, 9, 10, 11, 16 e 23 de febreiro, na Zona "C".

Axenda

The Idan Raichel Project no segundo concerto de Sons 2012

Chega a Compostela The Idan Raichel Project no marco do ciclo Sons 2012. Este será o único concerto que ofreza en España esta fascinante formación de artistas capitaneada polo israelí Idan Raichel.

O sábado 11 de febreiro, ás 21:00 horas, no Auditorio de Galicia.

Compartir: