Venres 10 de febreiro 2012

Axenda

Entroido nos centros socioculturais

Os centros e locais socioculturais ofrecen unha completa programación de Entroido para todos os públicos. Adxúntase o programa completo, coas datas e horarios.

Do 1 ao 25 de febreiro, nos locais e centros socioculturais.

Axenda

Sétimo Premio Auditorio de Galicia para novos artistas

Exposición da sétima edición do Premio Auditorio de Galicia para novos artistas, na que se poden ver as obras de 40 artistas seleccionados de entre todos os que se presentaron. Asentados e moi queridos dentro do panorama artístico galego, os Premios nesta edición estiveron dirixidos aos nados en Galicia e aos residentes menores de 40 anos a 31 de decembro de 2011.

Ata o 4 de marzo, no Auditorio de Galicia.

Axenda

Exposición sobre "MúsicaXove 2011" no CSCXM do Ensanche

O CSCXM do Ensanche acolle unha exposición coas mellroes imaxes do certame "MúsicaXove 2011", organizada pola Concellería de Xuventude.

Do 6 ao 29 de febreiro, no Centro Sociocultural e Xuvenil Municipal do Ensanche.

Axenda

"Mujer muerta caminando"

Cámara Negra Teatro representa Mujer muerta caminando, unha proposta escénica froito dun proceso de investigación teatral desenvolvido a partir de textos da novela O Idiota, de Fiodor M. Dostoievski.

Os días 1, 2, 3, 4, 9, 10, 11, 16 e 23 de febreiro, na Zona "C".

Axenda

Corizonas na Sala Capitol

O segundo concerto do ciclo Compostela Rock 2101 trae á cidade aos Corizonas, o resultado da unión de Los Coronas e Arizona Baby, que presentan o seu novo traballo The News Today.

O venres 10 de febreiro, ás 21:30 horas (apertura de portas), na Sala Capitol.

Compartir: