Domingo 14 de marzo 2010
Axenda
A mostra "María Xosé Díaz 1980-2010", no Auditorio de Galicia
"María Xosé Díaz 1980-2010" é o título da exposición que amosa unha compilación da obra desta artista nada en Catoira. A mostra está comisariada por Antonio Garrido Moreno.
Do 11 de marzo ao 20 de xuño, no Auditorio de Galicia.
Axenda
A Banda Municipal cos novos compositores galegos
A Banda Municipal de Música de Compostela programa un Ciclo de Novos Compositores Galegos co fin de promocionar os novos valores musicais.
O domingo 14 de marzo, ás 12:00 horas, no Teatro Principal.
Axenda
Curso de danza renacentista para educadores de música
Do 12 ao 14 de marzo, a Escola Municipal de Música acolle este curso, que combina a práctica dalgunhas danzas concretas do período renacentista con explicacións teóricas para comprender o seu contexto histórico-artístico.
O curso vai dirixido a todo tipo de profesionais do ensino da música, así como a estudantes de calquera nivel ou ámbito relacionado co ensino musical. A profesora Eva Najeros fará un percorrido por cuestións como a retórica da música e do corpo e as danzas dos séculos XV e XVI. Todo isto complementado con contidos eminentemente prácticos. Os participantes aprenderán os pasos de danzas como A Bassadanza e as súas variantes, a danza italiana no século XV (O Ballo) ou a suite de Branles.
Do 12 ao 14 de marzo, na Escola Municipal de Música.
Axenda
Antía Moure expón as súas "Grandes Batallas" na Zona C
A Zona "C" acolle a exposición fotográfica de Antía Moure, titulada Grandes Batallas.
Ata o 21 de maio, na Zona "C".