Venres 12 de marzo 2010

Axenda

A mostra "María Xosé Díaz 1980-2010", no Auditorio de Galicia

"María Xosé Díaz 1980-2010" é o título da exposición que amosa unha compilación da obra desta artista nada en Catoira. A mostra está comisariada por Antonio Garrido Moreno.

Do 11 de marzo ao 20 de xuño, no Auditorio de Galicia.

Axenda

Curso de danza renacentista para educadores de música

Do 12 ao 14 de marzo, a Escola Municipal de Música acolle este curso, que combina a práctica dalgunhas danzas concretas do período renacentista con explicacións teóricas para comprender o seu contexto histórico-artístico.

O curso vai dirixido a todo tipo de profesionais do ensino da música, así como a estudantes de calquera nivel ou ámbito relacionado co ensino musical. A profesora Eva Najeros fará un percorrido por cuestións como a retórica da música e do corpo e as danzas dos séculos XV e XVI. Todo isto complementado con contidos eminentemente prácticos. Os participantes aprenderán os pasos de danzas como A Bassadanza e as súas variantes, a danza italiana no século XV (O Ballo) ou a suite de Branles.

Do 12 ao 14 de marzo, na Escola Municipal de Música.

Axenda

Campionato de bolas

O programa Aula de Xogo da Rede de Centros Socioculturais organiza este campionato anual de xogos tradicionais, nesta ocasión do xogo das bolas.

O venres 12 de marzo, ás 18:00 horas, no Centro soicultural das Fontiñas. Inscrición previa.

Axenda

Xogamos en francés

O Centro Sociocultural de Fontiñas convida aos nenos e nenas entre 4 e 9 anos a divertirse mentres aprenden francés.

A actividade desenvolverase todos os venres 5, 12 e 26 marzo en dúas sesións: ás 18:00 horas para nenos de 4 a 5 anos e ás 19:00 horas para os de 6 a 9 anos. É precisa a inscrición previa.

Axenda

Montando "O soño dunha noite de verán"

Expresión corporal, dramatizacións, danza e música encamiñadas a montar un musical. Unha actividade dirixida a nenos e nenas a partir de 9 anos.

A actividade desenvolverase os venres 5, 12 e 26 de marzo, ás 19:00 horas, no Centro Sociocultural das Fontiñas. Inscrición previa.

Axenda

Antía Moure expón as súas "Grandes Batallas" na Zona C

A Zona "C" acolle a exposición fotográfica de Antía Moure, titulada Grandes Batallas.

Ata o 21 de maio, na Zona "C".

Axenda

Alexandre Ghindin no ciclo de piano Ángel Brage

O pianista Alexander Ghindin recupera as obras dalgúns dos compositores rusos máis notables do cambio de século XIX ao XX no terceiro concerto do ciclo de piano Ángel Brage.

O venres 12 de marzo, ás 21:00 horas, no Auditorio de Galicia.

Compartir: