Xoves 27 de xullo 2017

Axenda

Balnearia Bibliográfica, mostra no Gaiás

Percorrido polas augas minerais de Galicia, con 150 pezas orixinais relacionadas co mundo das augas termais e minerais a través dos libros.

Do 8 de abril ao 18 de setembro, na Cidade da Cultura.

Axenda

"Vicente Álvarez de Neira, arquiveiro", exposición na Cidade da Cultura

documentos deste ilustre persoeiro que forman parte do arquivo da familia Pita da Veiga, custodiado no Arquivo de Galicia

Do 9 de xuño ao 17 de setembro, na Cidade da Cultura.

Axenda

"Alén dos xéneros", mostra no Auditorio de Galicia

Alén dos xéneros é unha selección de obras que percorren o panorama das prácticas artísticas feministas en Galicia dende os noventa ata a actualidade.

Ata novembro, no Auditorio de Galicia.

Axenda

Exposición sobre o lobo no CIPX de Belvís

O Centro de Interpretación de Parques e Xardíns de Compostela, situado no parque de Belvís, acolle a exposición Lobo: vida salvaxe e mundo rural.

Do 11 de xullo ao 30 de setembro, no CIPX.

Axenda

Festas do Apóstolo (do 14 ao 31 de xullo)

Dezaoito días con propostas dirixidas a públicos moi diversos, en localizacións distintas por toda a cidade e coa implicación de diferentes colectivos de Compostela.

Do 14 ao 31 de xullo en diferentes espazos de Compostela.

Axenda

Antón Lamazares: "Flor Novoneyra"

O testamento pictórico do pintor que quixo ser poeta. Exposición que reúne a dous grandes da nosa cultura: Antón Lamazares e Uxío Novoneyra.

Ata o 17 de setembro, no Museo Centro Gaiás (Cidade da Cultura).

Axenda

Vari Caramés: "Ventá ao insólito"

Vari Caramés é un dos artistas galegos con maior proxección e recoñecemento nacional e internacional. A súa obra fotográfica posúe unhas características estilísticas que identifican con claridade a autoría das pezas, xa que as veladuras nas súas imaxes son unha constante.

Ata o 2 de setembro, no Centro Cultural Afundación.

Axenda

Exposición conmemorativa dos 25 anos do Consorcio na Casa do Cabido e no Colexio de Fonseca

Baixo o título Consorcio de Santiago, Cultura e Patrimonio. 25 anos do Consorcio na cidade, o organismo promove unha exposición que repasa a súa traxectoria.

Ata finais de agosto, na Casa do Cabido e no Colexio de Fonseca.

Axenda

Exposición de esculturas do Mestre Mateo

A mostra permite ver reunidas por primeira vez pezas dispersas do patrimonio do artista que pertenceron a conxuntos e partes da Catedral de Santiago actualmente desaparecidos.

Do 20 de xullo de 2017 ata o 23 de febreiro de 2018, no Pazo de Xelmírez.

Axenda

TerraZeando: Montelouro + The Wheels

O ciclo TerraZeando trae nesta edición cinco concertos en lugares singulares de Santiago de Compostela. Desta vez, concerto de Montelouro e The Wheels.

O xoves 27 de xullo, ás 20:00horas, no xardín do Pazo de Amarante.

Axenda

Mostras permanentes e temporais na Fundación Granell

A Fundación Eugenio Granell acolle nas súas salas varias exposicións temporais e permanentes.

Durante todo o ano, na Fundación Granell.

Axenda

Títeres en ruta: Con Valle-Inclán por Santiago

Turismo de Santiago propón unha orixinal descuberta da cidade e a súa relación co xenio e figura de Ramón del Valle-Inclán, da man de Títeres Cachirulo.

- Funcións en xullo: Día 1, 2, 4, 5, 6, 7 26, 27, 28, 29, 30, 31.

- Funcións en galego (programa Apego) en xullo: Día 3.

Compartir: