Sábado 17 de setembro 2016

Axenda

Programación infantil con Apego

No marco do programa Apego, o Concello de Santiago agrupa toda a programación infantil en galego, de xeito que as familias poidan atopar facilmente todas as propostas dos diferentes departamentos municipais para os máis pequenos da casa.

Durante todo o verán, en diversos espazos da cidade.

Axenda

Mostra "80 anos. Santiago 1936" na Fundación Granell

A exposición 80 anos. Santiago 1936 pretende explicar como, en tan poucos días, Santiago pasou de ser unha cidade en plenas festas do Apóstolo, na que aínda se festexaba o Estatuto de Autonomía de Galicia, ao triunfo do golpe de estado. Como as rúas de Compostela pasaron de ser un espazo de convivencia, pugna e pluralidade democrática, a converterse no escenario do medo, da persecución e da matanza.

Do 7 de xullo ao 25 de setembro, na Fundación Granell (praza do Toural). A mostra pode visitarse de martes a venres de 11:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00, e os sábados de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00 horas.

Axenda

Compostela + Solidaria, actividades de sensibilización nos centros socioculturais

O Concello de Santiago e a Coordinadora Galega de ONGD poñen en marcha Compostela+Solidaria', un programa de sensibilización que ten por obxectivo dar a coñecer a realidade dos países empobrecidos, o traballo das ONGD galegas e as alternativas solidarias e xustas que dende aquí contribúen a mudar o mundo. E como a transformación social comeza dende o local, dende os barrios, levaranse a cabo máis de 30 actividades de balde, principalmente nos centros socioculturais da cidade.

Do 17 de setembro ao 16 de outubro, nos centros socioculturais.

Axenda

O Lied catalán: da Reinaixença ao Noucentisme

O segundo dos concertos do Ciclo de Lied contará coa soprano Martha Matheu, que interpretará obras de Enric Granados, Albert Guinovart, Frederic Mompou, Ricard Lamote de Grignon, Eduard Toldrà e Joaquim Serra.

O sábado 17 de setembro, ás 20:30 horas, no Teatro Principal.

Axenda

Mostra do Noveno Premio Auditorio de Galicia para Novos Artistas

Novena edición do Premio Auditorio de Galicia, unha convocatoria que testa a creación emerxente en Galicia achegándonos ás diferentes disciplinas nas que se moven os creadores, pintura, escultura, fotografía, performance, vídeo, instalacións. Foron cento trece os dossieres presentados e son coarenta os artistas que forman parte desta exposición.

Do 11 de marzo ao 18 de setembro, no Auditorio de Galicia.

Máis información: Compostela Capital Cultural

Compartir: