Sábado 23 de xullo 2016

Axenda

Festas do Apóstolo

As festas do Apóstolo apostan un ano máis pola diversidade e a descentralización, con actividades para todos e de balde.

Do 15 ao 31 de xullo, en diversos espazos.

Axenda

Exposición sobre o centenario das Irmandades da Fala (1916 - 2016)

Na procura de contribuír á difusión do labor realizado por aquelas persoas que integraron as Irmandades da Fala e dar a coñecer a importancia que tiveron na época en que xorden e tamén na actualidade, esta mostra combina textos e imaxes e localizarase en catro dos quioscos Cogami da cidade facilitando o achegamento do maior número posible de persoas.

Ata o 31 de xullo, nos quioscos da Alameda, Praza de Vigo, Xoan XXIII e Sar.

Máis información: Compostela Capital Cultural

Axenda

Programación infantil con Apego

No marco do programa Apego, o Concello de Santiago agrupa toda a programación infantil en galego, de xeito que as familias poidan atopar facilmente todas as propostas dos diferentes departamentos municipais para os máis pequenos da casa.

Durante todo o verán, en diversos espazos da cidade.

Axenda

Mostra "80 anos. Santiago 1936" na Fundación Granell

A exposición 80 anos. Santiago 1936 pretende explicar como, en tan poucos días, Santiago pasou de ser unha cidade en plenas festas do Apóstolo, na que aínda se festexaba o Estatuto de Autonomía de Galicia, ao triunfo do golpe de estado. Como as rúas de Compostela pasaron de ser un espazo de convivencia, pugna e pluralidade democrática, a converterse no escenario do medo, da persecución e da matanza.

Do 7 de xullo ao 25 de setembro, na Fundación Granell (praza do Toural). A mostra pode visitarse de martes a venres de 11:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00, e os sábados de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00 horas.

Axenda

Artellando

A Concellaría de Acción Cultural volve apostar polo proxecto Artellando para garantir unhas festas que cheguen a toda a cidadanía, a todos os barrios e mesmo á zona rural. Dentro deste programa, que se desenvolverá do 18 ao 24 de xullo, haberá ata 16 espectáculos infantís nos barrios, en colaboración coa Rede de Centros Socioculturais.

Do 18 ao 24 de xullo, en diversos espazos.

Axenda

Romaría Cativa

O público infantil é outra das grandes apostas da programación do Apóstolo, con actividades dende as doce do mediodía ata as oito da tarde. Os nenos e nenas poderán gozar de espectáculos de circo con Javi Javichi; da música de Pablo Díaz e a banda do Tic Tac, Xoán Curiel ou As Fadas Magrinhas; ou da maxia de Martín Camiña. Tamén haberá obradoiros de circo e instrumentos musicais, e espazos de xogo, entre outras propostas.

O sábado 23 de xullo, en San Domingos de Bonaval.

Axenda

Compostela Dub 2016

Primeiro encontro internacional en torno á cultura xamaicana e ao movemento Sound system celebrado en Galicia. Trátase dunha iniciativa promovida pola Asociación Cultural Maislume e o Concello de Santiago de Compostela. Na súa programación ademáis de música, contémplanse actividades coma obradoiros, exposicións, conferencias e ata un xantar popular xamaicano de balde.

Compostela DUB conta con actuacións da talla de Kebra Ethiopia Sound (Sudáfrica), King Shiloh Sound System (Holanda) e Arise Sound System con Carlton Shepherd e Pupa Congo aka Ranking Stereo (Girona).

O sábado 23 de xullo, de 12:00 a 02:00 horas, no antigo Colexio Ramón Cabanillas (Castiñeiriño). Entrada libre.

Axenda

Mostra do Noveno Premio Auditorio de Galicia para Novos Artistas

Novena edición do Premio Auditorio de Galicia, unha convocatoria que testa a creación emerxente en Galicia achegándonos ás diferentes disciplinas nas que se moven os creadores, pintura, escultura, fotografía, performance, vídeo, instalacións. Foron cento trece os dossieres presentados e son coarenta os artistas que forman parte desta exposición.

Do 11 de marzo ao 18 de setembro, no Auditorio de Galicia.

Máis información: Compostela Capital Cultural

Axenda

"As rúas contan que. Narrativas gráficas colectivas", intervención na Zona C de Bonaval

Tres colectivos relacionados co debuxo -Oficina Arará, Club del Dibujo e Botafumeiro- baixo o comisariado de Desirée Vidal Juncal, son os protagonisas da terceira das intervencións seleccionadas na modalidade de proxectos de comisariado para a Zona "C" e formando parte da convocatoria en artes visuais que nutre de programación este espazo multidisciplinar.

Do 27 de maio ao 24 de xullo, na Zona C.

Máis información: Compostela Capital Cultural

Compartir: