Martes 29 de novembro 2016

Axenda

"Semente, 15 anos apoiando a arte emerxente"

Os comisarios Ángel Cerviño e Alberto González-Alegre revisan nunha exposición as nove edicións do Premio Auditorio de Galicia para novos artistas.

Do 11 de outubro ao 26 de febreiro, no Auditorio de Galicia.

Axenda

Exposición de instantáneas en 3D "Compostela, a Terceira Dimensión" na Casa do Cabido

Baixo o título Compostela, a Terceira Dimensión, o Consorcio de Santiago promove unha exposición de instantáneas en 3D da cidade de Santiago do estereógrafo coruñés Enrique Criado. Esta mostra reúne un total de 35 imaxes representativas do casco histórico compostelán, en particular da Catedral -como final do Camiño- e da súa contorna.

Ata finais de novembro, na Casa do Cabido.

Axenda

Exposición: "Historia do comercio compostelán"

Exposición organizada polo Concello de Santiago sobre o comercio da cidade e os seus establecementos máis emblemáticos.

Ata o 4 de decembro, no Centro Abanca Obra Social.

Axenda

Outono Fotográfico nos centros socioculturais

Os centros socioculturais de Santiago vólvense sumar ao Outono Fotográfico, desta vez con seis exposicións.

Do 3 ao 30 de novembro:

- No Centro Sociocultural e Xuvenil Municipal do Ensanche, mostra da sección oficial do certame, con obras do Segundo Premio Galicia de Fotografía Contemporánea asinadas por José Romay e Berto Macel.

- No Centro Sociocultural Aurelio Aguirre, A mirar para o interior, do portugués Miguel Vasconcelos.

- No Centro Socicultural das Fontiñas, Lonely eyes for empty spaces, de Bernardo Cañizares.

- No Centro Sociocultural José Saramago de Vite, Dentro-fóra do Curro, de José López Pérez.

- No Centro Sociocultural Agustín Bueno do Castiñeiriño Rodando, mostra colectiva.

- No Centro Sociocultural da Trisca, Aparencia dun barco, de Fasquía-St. Feitura.

Axenda

Programación infantil con Apego

O Concello de Santiago unifica toda a súa programación infantil, utilizando o idioma como elemento de conexión.

Durante o outono, en varios espazos da cidade.

Axenda

IX Concurso Santiago(é)tapas

Todos os amantes da boa cociña poden gozar do IX Concurso Santiago(é)tapas, iniciativa que promove a nosa gastronomía a través destes pequenos pero exquisitos pratos.

Do 17 de novembro ao 4 de decembro, en diversos establecementos hostaleiros da cidade.

Compartir: