Sábado 5 de marzo 2011

Axenda

Korda: Coñecido Descoñecido

Exposición retrospectiva do fotógrafo cubano Alberto Korda, mundialmente coñecido polo seu retrato do Che Guevara.

Do 22 de decembro de 2010 ao 27 de marzo de 2011, no Auditorio de Galicia.

Axenda

Exposición de Carolina Caluori: "Give me your picture..."

Nova mostra na Zona "C", desta volta coa artista arxentina Carolina Caluori, que expón unha montaxe baixo o título Give me your picture....

Do 9 de febreiro ao 24 de abril na Zona "C".

Axenda

A mostra "A memoria da xente" no CSC do Castiñeiriño

A exposición A memoria da xente comeza a súa andaina polos barrios composteláns no CSC do Castiñeiriño. Trátase dunha mostra gráfica e audiovisual que converte en protagonistas as pequenas historias anónimas de Compostela e aborda ao conxunto da cidade desde 1900 ata 1975.

Do 25 de febreiro ao 11 de marzo no Centro Sociocultural do Castiñeiriño.

Axenda

Mostra sobre o álbum ilustrado danés

A Embaixada de Dinamarca e o Instituto Danés das Artes presentan na Fundación Granell unha exposición retrospectiva sobre O album ilustrado danés.

Do 2 ao 26 de marzo, na Fundación Granell (Pazo de Bendaña).

Axenda

Obradoiros de máscaras de Entroido

Obradoiro no que os participantes aprenderán a crear carautas de Entroido.

O sábado 5 de marzo, a partir das 11:00 horas, nos locais socioculturais de Enfesta e Nemenzo, e ás 11:30 horas no Local Sociocultural de Marantes.

Axenda

"Mundos contados", de Talía Teatro

Din que cada persoa é un mundo, pero Samba, a nosa protagonista, garda varios mundos dentro dela. Un espectáculo de Talía Teatro, escrito e dirixido por Paula Carballeira e interpretado por Marta Ríos.

O sábado 5 de marzo, ás 18:00 horas, no Local Sociocultural de Bando.

Axenda

Baile de Entroido na Casa das Asociacións

A Concellería de Participación Cidadá quere celebrar o Entroido con todos os veciños e veciñas de Compostela. Con este fin, a Casa das Asociacións acolle un baile de Entroido amenizado polo grupo musical Luzada. Haberá tamén desgustación de produtos destas datas.

O sábado 5 de marzo, a partir das 18:00 horas, na Casa das Asociacións.

Compartir: