Venres 4 de marzo 2011

Axenda

Korda: Coñecido Descoñecido

Exposición retrospectiva do fotógrafo cubano Alberto Korda, mundialmente coñecido polo seu retrato do Che Guevara.

Do 22 de decembro de 2010 ao 27 de marzo de 2011, no Auditorio de Galicia.

Axenda

Exposición de Carolina Caluori: "Give me your picture..."

Nova mostra na Zona "C", desta volta coa artista arxentina Carolina Caluori, que expón unha montaxe baixo o título Give me your picture....

Do 9 de febreiro ao 24 de abril na Zona "C".

Axenda

A mostra "A memoria da xente" no CSC do Castiñeiriño

A exposición A memoria da xente comeza a súa andaina polos barrios composteláns no CSC do Castiñeiriño. Trátase dunha mostra gráfica e audiovisual que converte en protagonistas as pequenas historias anónimas de Compostela e aborda ao conxunto da cidade desde 1900 ata 1975.

Do 25 de febreiro ao 11 de marzo no Centro Sociocultural do Castiñeiriño.

Axenda

Mostra sobre o álbum ilustrado danés

A Embaixada de Dinamarca e o Instituto Danés das Artes presentan na Fundación Granell unha exposición retrospectiva sobre O album ilustrado danés.

Do 2 ao 26 de marzo, na Fundación Granell (Pazo de Bendaña).

Axenda

Visita guiada ao Museo de Historia Natural

Dentro do Programa de Visitas Culturais, esta vez toca visita guiada ao Museo de Historia Natural.

O venres 4 de marzo, ás 11:30 horas, dende o Centro Sociocultural "José Saramago" de Vite.

Axenda

Obradoiros de novas tecnoloxías: costumes de Entroido

Con motivo do Entroido, impártense obradoiros de novas tecnoloxías centrados nos costumes destas datas.

O xoves 3 de marzo, ás 18:00 horas, no Local Sociocultural de Grixoa. Ao día seguinte, á mesma hora, no Local Sociocultural de Lamascal.

Axenda

Títeres Cascanueces en Viso

O Programa Asómate ao Entroido ofrece unha sesión con Títeres Cascanueces, que representarán Un conto de sempre.

O venres 4 de marzo, ás 18:30 horas, no Local Sociocultural de Viso.

Axenda

O Mago Marttyn en Lavacolla

O Programa Asómate ao Entroido trae desta vez unha sesión de maxia co Mago Marttyn e o seu espectáculo IlusionArte.

O venres 3 de marzo, ás 19:15 horas, no Local Sociocultural de Lavacolla.

Compartir: