Xoves 31 de marzo 2011

Axenda

Exposición de Carolina Caluori: "Give me your picture..."

Nova mostra na Zona "C", desta volta coa artista arxentina Carolina Caluori, que expón unha montaxe baixo o título Give me your picture....

Do 9 de febreiro ao 24 de abril na Zona "C".

Axenda

"A Autonomía Galega nas caricaturas de Siro", na Casa das Asociacións

A Casa das Asociacións de Cornes acolle a exposición A Autonomía Galega nas caricaturas de Siro. Nela aparecen todos os persoeiros que participaron activamente na construción da Autonomía, dende a óptica do humor e da ironía.

Do 18 de marzo ao 2 de abril, na Casa das Asociacións.

Axenda

Mostra con motivo do 50 aniversario da Agrupación Cultural O Galo

A Agrupación Cultural O Galo celebra o seu 50 aniversario e para celebralo, a Fundación 10 de Marzo coa colaboración da Concellaría de Cultura e da propia Agrupación preparou unha exposición sobre a súa historia. A mostra, baixo o título A primeira década do canto do galo, xira arredor dos primeiros 10 anos de traxectoria da agrupación.

Do 15 de marzo ao 19 de abril, no local do Galo (praza de San Miguel, 5-baixo), en horario de 18:30 a 21:00 horas.

Axenda

Estrea absoluta do "Concerto para trompa e orquestra" de Arriola

Concerto de abono da Real Filharmonía dirixida por Maximino Zumalave e con David Fernández Alonso como solista á trompa. Inclúe a estrea absoluta do Concerto para trompa e orquestra do compositor galego José Rodríguez Arriola (Betanzos 1895-Barcelona 1954).

O xoves 31 de marzo, ás 21:00 horas, no Auditorio de Galicia.

Compartir: