Martes 1 de marzo 2011

Axenda

Korda: Coñecido Descoñecido

Exposición retrospectiva do fotógrafo cubano Alberto Korda, mundialmente coñecido polo seu retrato do Che Guevara.

Do 22 de decembro de 2010 ao 27 de marzo de 2011, no Auditorio de Galicia.

Axenda

Santiago de Compostela na Fundación Granell

A Fundación Granell presenta a exposición Santiago de Compostela na Fundación Granell, dedicada á cidade na que viviu a súa infancia e adolescencia Eugenio Granell e a que acolle a súa Fundación.

A mostra está conformada na súa maioría por novos fondos da Fundación Granell, uns pertencentes ao legado de Amparo Segarra, dona de Eugenio Granell, e outros recentes doazóns de artistas surrealistas á institución.

A exposición presenta a figura de Santiago Apóstolo e a cidade de Santiago de Compostela de modos moi diferentes, tanto a través da selección feita sobre a colección de arte étnico da institución como a través das obras de artistas surrealistas de diferente orixe que teñen á cidade ou ao Apóstolo como protagonistas das súas obras.

Ata marzo de 2011, na Fundación Granell.

Axenda

Exposición de Carolina Caluori: "Give me your picture..."

Nova mostra na Zona "C", desta volta coa artista arxentina Carolina Caluori, que expón unha montaxe baixo o título Give me your picture....

Do 9 de febreiro ao 24 de abril na Zona "C".

Axenda

A mostra "A memoria da xente" no CSC do Castiñeiriño

A exposición A memoria da xente comeza a súa andaina polos barrios composteláns no CSC do Castiñeiriño. Trátase dunha mostra gráfica e audiovisual que converte en protagonistas as pequenas historias anónimas de Compostela e aborda ao conxunto da cidade desde 1900 ata 1975.

Do 25 de febreiro ao 11 de marzo no Centro Sociocultural do Castiñeiriño.

Compartir: